CIJIELC

CastelánInglés

En febreiro de 2016 celebramos, na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o I Congreso Internacional de Novos Investigadores en Estudos Literarios e Culturais, evento respaldado polo grupo de investigación ELICIN (ELYCE-LITERACINE) do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura e organizado por persoal en formación deste departamento. Neste marco, un gran número de novos investigadores e investigadoras puideron compartir o seu traballo e construír nexos académicos con colegas de distintas universidades tanto españolas coma do estranxeiro.

Dado o éxito do primeiro evento e do simposio derivado do mesmo temos o agrado de comunicarvos a celebración do II CIJIELC, unha segunda edición deste congreso nas datas 15, 16 e 17 de febreiro de 2017 e que esperamos que conte coa aceptación e concorrencia do primeiro.

O II CIJIELC manterá as catro liñas temáticas relacionadas cos estudos literarios e culturais, dous grandes bloques que permiten englobar estudos tanto no ámbito humanístico como das Ciencias Sociais. Estas son:

  • Estudos Literarios Hispánicos
  • Estudos Literarios en lingua galega, portuguesa e inglesa
  • Estudos Culturais: literatura e cultura
  • Estudos Comparatistas: literatura e medios audiovisuais

As propostas hansa achegar por correo electrónico a cijielc@uvigo.es segundo a estructura indicada no call for papers.

logotipouniversidadedevigo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s